Sabia Vella

Comunicado a todos los Concellos de la Comarca del Salnes y Mancomunidades del Salnes

O abaixo asinante, D. Josè Conde Garcia, en calidade de Presidente e representante da Asociación de Xubilados e Pensionistas Sabia Vella de Galicia, con Cif. G 75889113, i enderezo en rùa Sobreira 13 A, 36960, en Sanxenxo, Pontevedra.

EXPON:

Esta entidade constituida o 05 de Xaneiro de 2025, està dandose a coñecer en toda a Comarca do Salnes en primeiro lugar, como corresponde, pois esta foi fundada por un grupo de Xubilados e Pensionistas da Comarca, polo tanto ainda que o àmbito e Autonòmico, estamos a darnos a coñecer en primeiro lugar no noso territorio.

E dabondo sabido a importancia do noso colectivo, ainda que a modernidade poida oscurecer en parte a nosa realidade, pra todos e sabido en todo Galicia mais de 700.000, Xubilados, na Comarca do Salnes, mais de 27.000, entòn algo fariamos do que agora todos disfrutamos, ou tratamos de disfrutar.

De todos son coñecidas as carencias con que contamos este colectivo tan importante, e o mesmo tempo non atendido, como seria menester, por ese i outros motivos xurden Asociacios como Sabia Vella de Galicia, pra ter voz ante os oidos sordos da Administraciòn

——-Central e Autonòmica i en moitos casos tamèn local, por tal motivo e pedindo disculpas por sì alguèn representante da administración se sente ofendido, dado os mismbres cos que contamos logo dunha vida de traballo e pago dos impostos correspondentes, non estamos para nada dacordo co que estamos recibindo a cambeo.

Sabia Vella, entre outros està promovendo unha residencia de maiores en forma de cooperativa, xa temos noticias de que algùn Concello de Galicia tamên esta pola mesma labor, esta ben i son necesarias residencias públicas de entrada e saida, pois a asistencia sanitaria e de dependencia esta reñida o noso modo de ver coa politica empresarial e negocio.

SOLICITA:

En este caso de tòdalas administracios da Comarca do Salnes, Concellos, Mancomunidade, etc.

Teñan a ben dar por leido este escrito e no futuro dentro das posibilidades de cada Administración, obren en consecuencia co colectivo que estamos a representar, e colaboren en todo o posible con Sabia Vella de Galicia.

Pois tòdolos colectivos de cidadans somos importantes, pero cada quen no seu tempo e lugar o que agora disfrutamos todos, debemolo os Xubilados anteriores e os actuales, por eso pensamos que non e demaisado pedir que dende as Administracios nos teñan en conta non soio con boas palabras, senon con feitos.

A TODOLOS CONCELLOS E MANCOMUNIDADE DO SALNES