Sabia Vella

Un grupo de xubilados quere impulsar a primeira residencia de anciáns do Salnés en réxime de cooperativa

Un grupo de xubilados do Salnés crea a asociación Sabia Vella. O colectivo nace coa intención de promover a primeira residencia de maiores da comarca en réxime de cooperativa. Un modelo, explican, que funciona xa noutros puntos do Estado. Xa están a estudar a compra dun hotel para transformalo neste novo centro. Fan un chamamento ás administracións para conseguir que este proxecto se faga realidade.

Citámonos con José en Sanxenxo para coñecer máis detalles desta nova asociación. El xunto cun grupo de xubilados do Salnés acaban de poñer en marcha o colectivo Sabia Vella de Galicia. Un dos seus principais retos é a creación da primeira residencia de maiores da comarca en réxime de cooperativa.

O colectivo está convencido de que este proxecto pode funcionar. Pero para iso, din, precisan da axuda das administracións.

Pero a titularidade do centro sería dos cooperativistas que decidan entrar no proxecto. Cren que para comezar, o ideal sería un grupo de 20 ou 30 persoas. Avanzan que xa estudan facerse cun hotel para transformalo neste novo centro.

Máis alá deste gran proxecto, o colectivo naceu para facerse eco doutras reivindicacións dos xubilados. Mellores condicións do Servizo de Axuda no Fogar, a exención de facer a declaración da renda as xubilados que perciban menos de 30.000 euros ao ano de pensións e, por suposto, unha mellora das pensións, que piden que se blindar por lei.

E nesa loita, fan un chamamento a participar este mércores en Pontevedra nunha mobilización en defensa das pensións, nunha convocatoria simultánea que se extende por todo o Estado baixo o lema ‘Somos 49 millóns de pensionistas’.

Sabia Vella de Galicia